Requisitos de acceso

O artigo 16 do Real Decreto 1393/2007 establece que para acceder aos ensinos oficiais de mestrado será necesario estar en posesión dun título universitario oficial español ou outro expedido por unha institución de educación superior do Espazo Europeo e de Educación Superior que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinos de mestrado.

Así mesmo, poderán acceder os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior sen necesidade da homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que aqueles acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinos de posgrao. O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión o interesado, nin o seu recoñecemento a outros efectos que o de cursar os ensinos de mestrado.

Dado que a bibliografía principal e unha parte da docencia impártese en inglés, os estudantes deberán ter un nivel medio-alto deste idioma; como mínimo un nivel B1 do Marco Común Europeo de Referencia de Linguas ou equivalente. O nivel B1 do inglés xustificarase mediante certificado acreditativo dos recoñecidos polo MCER.

Os estudantes non nativos en lingua castelá/galega que queiran acceder a este mestrado deberán acreditar un nivel B1 de castelán ou galego que se xustificará mediante certificado acreditativo dos recoñecidos polo MCER.