O desenvolvemento das seguintes competencias dará lugar ao perfil de egreso do Máster:

  • CB6 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
  • CB7 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
  • CB8 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
  • CB9 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
  • CB10 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
  • CG1 Dominar técnicas de recuperación de información relativas a fontes de información primarias e secundarias (incluíndo bases de datos co uso de computador) e de análise crítica da información, en lingua española e inglesa.
  • CG2 Saber aplicar os coñecementos á resolución de problemas no ámbito multidisciplinar da investigación e a innovación relacionada con nanociencia e nanotecnoloxía.
  • CG3 Ser capaz de identificar teorías e modelos científicos e aproximacións metodolóxicas adecuadas para o deseño e a avaliación de materiais nanoestruturados.
  • CG4 Ter capacidade para comprender a regulamentación e as responsabilidades sociais que se derivan da investigación, o desenvolvemento e a innovación na área da nanociencia e a nanotecnoloxía.
  • CG5 Dispoñer de coñecementos e habilidades para participar en proxectos de investigación e colaboracións científicas ou tecnolóxicas, en contextos interdisciplinares e cun alto compoñente de transferencia do coñecemento.
  • CG6 Ter capacidade de liderado, creatividade, iniciativa e espírito emprendedor.
  • CG7 Ser capaz de utilizar con seguridade os nanomateriais de forma segura respectando a normativa vixente en materia de prevención de riscos laborais e de tratamento de residuos.
  • CG8 Saber aplicar coñecementos e capacidades para a planificación e a xestión integrada de proxectos.
  • CG9 Ter capacidade de comunicación oral e escrita e interacción científica con profesionais doutras áreas de coñecemento.
  • CG10 Adquirir a formación necesaria para poder integrarse en futuros estudos de doutoramento en Nanociencia e Nanotecnoloxía, ou en ámbitos relacionados.
  • CT1 Saber expor un proxecto de investigación sinxelo de forma autónoma en lingua española e inglesa.
  • CT2 Saber desenvolver traballos de colaboración en equipos multidisciplinares.
  • CT3 Usar as Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TICs) como ferramenta para a transmisión de coñecementos, resultados e conclusións en ámbitos especializados de modo claro e rigoroso.
  • CT4 Ter capacidade para a xestión da investigación, o desenvolvemento e a innovación tecnolóxica en nanociencia e nanotecnoloxía.
  • CT5 Saber aplicar os principios recolleitos en The European Charter & Code for Researchers.
  • CE1 Coñecer a terminoloxía propia da Nanociencia e a Nanotecnoloxía.
  • CE2 Interrelacionar a estrutura química, a arquitectura ou ordenamento do material nanoestruturado coas súas propiedades químicas, físicas e biolóxicas.
  • CE3 Adquirir os coñecementos conceptuais e prácticos sobre os procesos de auto- ensamblado e auto-organización en sistemas macromoleculares que sexan necesarios para o deseño de novos nanomateriais e nanoestruturas.
  • CE4 Coñecer as principais técnicas de preparación de nanomateriais a pequena e grande escala.
  • CE5 Avaliar as relacións e diferenzas entre as propiedades dos materiais a escala macro, micro e nano.
  • CE6 Coñecer as principais técnicas de caracterización de materiais nanoestruturados.
  • CE7 Coñecer as interaccións dos materiais nanoestruturados cos seres vivos e o medio ambiente.
  • CE8 Coñecer as principais aplicacións dos nanomateriais nos diversos campos de coñecemento como a física, química, enxeñería, a biomedicina, biotecnoloxía, ou arte, entre outros.
  • CE9 Aplicar técnicas computacionais, de deseño experimental e análise estatística para a preparación de sistemas nanoestruturados e a avaliación das súas propiedades.
  • CE10 Entender as etapas de deseño e caracterización de sistemas nanoestruturados para liberación de substancias activas e/ou
    encapsulación/confinamento de biomarcadores ou de substancias nocivas, avaliación da súa eficacia e seguridade.
  • CE11 Coñecer os pasos para preparar, presentar e defender proxectos de innovación no ámbito da nanociencia e a nanotecnoloxía, integrando protección do coñecemento e estratexias de valorización.