O Máster en Nanociencia e Nanotecnoloxía ten os seguintes obxectivos xerais:
- Ofrecer formación de posgrao nun campo multidisciplinar emerxente no que o sistema universitario galego non ten un título específico a pesar do recoñecemento internacional dos investigadores da nosa Comunidade Autónoma en nanociencia e nanotecnoloxía.
- Contribuír a dar resposta á demanda real de graduados en carreiras científicas e técnicas que buscan formarse en nanociencia e nanotecnoloxía.
- SContribuír a satisfacer as necesidades de persoal altamente cualificado en nanotecnoloxía expostas polas empresas de base tecnolóxica que desenvolven a súa actividade na nosa contorna.